jueves, 11 de septiembre de 2008

36º Certamen Internacional de Cortometrajes

He recibido más información a proposito del festival de cortos de Vilagarcía que se celebrará próximamente, la información está en gallego por lo que si alguien tiene alguna duda poneros en contacto con los organizadores (al final del post están las vías de contacto):

MENOS DUNHA SEMANA PARA REMATAR O PRAZO DE INSCRICIÓN DE CURTAS DO CERTAME AUDIOVISUAL

O vindeiro 15 de setembro pecharase o prazo de recepción de curtametraxes para o 36 Certamen Audiovisual Internacional
Ata o de agora os traballos chegaron de xeito regular á sede do Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa, aínda que nas próximas xornadas prevése unha chegada masiva de pezas.
Agárdase superar as expectativas de obras recibidas, nunha edición que pretende ser un referente para outros festivais en canto á calidade das obras galardoadas se refire.

Todo aquel que teña unha curtametraxe realizada con data posterior a xaneiro de 2007 e dunha duración menor a 25 minutos aínda está a tempo de enviala ó certame, tan só ten que cumplimentar a ficha de inscrición que está dispoñible na páxina web do festival (www.certamenaudiovisual.org) e enviala xunto coa súa peza a: 36 CERTAMEN AUDIOVISUAL INTERNACIONALLICEO CASINO Rúa Castelao, 536600 Vilagarcía de Arousa Galicia (ESPAÑA)

As obras seleccionadas optarán a un dos 8 premios que outorgará o xurado nunha gala que se celebrará no Auditorio de Vilagarcía de Arousa o 8 de novembro.
Hai un total de 7 categorías: Premio ó Mellor Audiovisual, con dous galardóns, un primeiro premio de 2000€ e un segundo de 1500€; Premio Galicia, cunha dotación de 1500€ para traballos rodados en galego; Premio Liceo Casino, 600€ para a mellor cinta dun director da comarca do Salnés; Premio Especial Animación, 1500€ para a mellor curta animada; Premio Novos Realizadores, 600€ para a mellor curta realizada por un estudante dos centros galegos especializados; Premio do Público, 1000€ e o Premio Especial do Xurado cunha dotación de 1000€.

Toda a información na páxina web: www.certamenaudiovisual.org ou no contacto: info@certamenaudiovisual.org

No hay comentarios: